Comisáronse dúas lebres no marco dun operativo desenvolvido no Monte de Zobra
Ecos da Comarca/Lalín

Axentes da Policía Autonómica da xefatura de Santiago de Compostela imputaron tres persoas por caza furtiva nun operativo desenvolvido en novembro no Monte de Zobra, en Lalín. Como resultado comisáronse dúas lebres mortas que foron entregadas a un centro benéfico.
Publicidade
O operativo activouse tras ter coñecemento de persoas que practicaban a caza en zonas prohibidas ou vedadas, capturando especies non permitidas ou en cantidades superiores á cota asignada.
Publicidade
Os labores de vixilancia permitiron detectar tres persoas nunha zona onde non se pode cazar lebre e que dúas delas deran morte a cadanseu exemplar.
Publicidade
Como resultado, todas as persoas foron identificadas e tramitáronse as respectivas denuncias por presuntas infraccións da Lei 13/2003 de Caza de Galicia.
コメント