Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Lalín

No que vai de ano, leva investigadas 39 persoas como presuntas autoras de lumes forestais


Ecos da Comarca/Lalín

A Policía Autonómica vén de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado 19 de agosto, no concello de Lalín que afectou 1,6 hectáreas de superficie arborada.

Foto arquivo.

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da xefatura da Policía Autonómica en Santiago de Compostela tomaron declaración a unha persoa que estaba facendo tarefas de sega de herba cun tractor con rotativa, como presunta autora do lume producido na parroquia de Pardesoa. A fricción do apeiro coas pedras do terreo propiciou chispas que prenderon na vexetación.

A Policía Autonómica remitiu o atestado sobre os feitos ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Lalín.

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 39 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Ante a climatoloxía actual, a Xunta apela á concienciación e á prudencia nos accesos e traballos en terreos agrarios de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

1564 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE