top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Policía Autonómica e axentes ambientais esclarecen un incendio no concello de Rodeiro

Sucedeu en Pedroso e arrasou case nove hectáreas


Un avión apagando un lume no municipio de Agolada.

Autor: Ecos da Comarca


Laura Moure/Rodeiro

Axentes da Policía Autonómica de Santiago, en colaboración con axentes ambientais esclareceron un incendio forestal ocorrido no concello de Rodeiro. Os axentes da Policía Autonómica, xunto con persoal do Distrito XVI Deza e Tabeirós-Terra de Montes, levaron a cabo a investigación dun incendio rexistrado na parroquia de Pedroso que afectou 8,8 hectáreas, das que 4,5 hectáreas son monte raso e 4,3 hectáreas de superficie arborizada. Os axentes tomaron declaración a varios veciños e ao investigado como presunto autor.


Os feitos producíronse por un descoido durante os labores de limpeza de maleza dunha leira cunha segadora de discos. Na extinción do lume actuaron dous axentes forestais, tres motobombas, catro brigadas, un helicóptero e catro avións. As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Lalín.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page