top of page

A Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON denuncia vertidos nas rúas de Touro

Ecos da Comarca/Touro

A Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON denuncia vertidos nas rúas de Touro.


Este é o seu comunicado:

Captura do vídeo da Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON

"O Proxecto de drenaxe temporal, unha desfeita para Touro. Hai dous anos o proxecto de drenaxe temporal das augas contaminadas dos ríos procedentes da mina tivo a autorización da Xefatura territorial de minas e Augas de Galicia, a pesar das múltiples alegacións realizadas, por consideralo ineficaz e ser unha pantalla de fume para tapar unha contaminación de décadas que nunca se quixo asumir dende un punto de vista ambiental senón meramente económico para as empresas e a administración.

Vídeo da Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON


Hoxe (polo mércores), unha vez máis, queda en evidencia, o Río Portapego que foi canalizado, segundo di a empresa Cobre San Rafael, para que non vertera as augas contaminadas por drenaxe áceda de mina, vai unha vez máis, co seu canle cheo polas rúas de Touro invadindo a calzada e os baixos dos edificios.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O proxecto de drenaxe non existe, so é unha pantalla de fume para conseguir unha autorización e dicir que o que sae aos ríos é legal e posiblemente tamén subvencións públicas que o financien.


Mentras isto acontece nas rúas de Touro, non parece que ninguén se faga responsable e paralice esta desfeita, nin a empresa nin a administración", sinala a plataforma.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page