top of page

A Plataforma Ulloa Viva pide “respecto” ao presidente da Xunta polos máis de 20.000 galegos e galegas que encheron Palas de Rei o domingo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Sinala que nos últimos meses foron varias as peticións de información e encontros coa veciñanza á Xunta, "todas sen resposta"


Laura Moure/A Ulloa

A Plataforma Ulloa Viva considera “unha falta de respecto” que o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, este mércores no Parlamento galego, a sede na que está representado o pobo deste país, chamara “satélites” á Plataforma convocante da manifestación contra Altri en Palas de Rei o pasado 26 de maio. Diante destas afirmacións do presidente da Xunta, Ulloa Viva pide ao máximo mandatario galego “respecto” polas máis de 20.000 persoas chegadas de toda Galicia que encheron as rúas de Palas de Rei coas súas xustas e lexítimas críticas contra un proxecto dunha macrocelulosa que pon en perigo o corazón de Galicia.

A manifestación tivo lugar en Palas o 26 de maio. Autor: Ecos da Comarca.

A voceira de Ulloa Viva, Marta Gontá, criticou ademais que o presidente da Xunta se refira de xeito despectivo a unha plataforma veciñal que ten deixado claro que é “apartidista”. Ademais, Gontá lémbralle a Rueda que “nestes dous anos que levamos organizados e traballando a respecto deste proxecto, nos temos posto en contacto en varias ocasións co

señor Rueda, para pedir información á veciñanza e expresarlle as nosas preocupacións ao

respecto, e aínda estamos agardando a que dende a Xunta de Galicia se nos conteste e alguén se digne a reunirse con nós”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

A Plataforma Ulloa Viva quere deixar claro que “petamos e imos seguir petando en todas as portas, en Galicia, no Estado e en Bruxelas, para que se nos escoite e para que se atendan e teñan en conta as lexítimas preocupacións e demandas” tanto da veciñanza das zonas afectadas (A Ulloa, O Deza, Terra de Melide e Arzúa) coma a de todas as persoas que desbordaron o pasado domingo Palas de Rei dende todos os puntos de Galicia. Marta Gontá agradece o respaldo social recibido pola Plataforma “ao longo dos últimos meses e tamén na manifestación do domingo en Palas”, e por iso reclama do presidente da Xunta “alomenos respecto polo que os galegos e as galegas saen a demandar ás rúas”.


Gontá explica que “os veciños e veciñas non somos satélites de ninguén, nós estamos na terra, somos o pobo e coma tal esiximos que o presidente da Xunta nos teña respecto alomenos e valore con preocupación as demandas dun grupo masivo de xente unida, no

que hai xente de tódalas ideoloxías, sensibilidades e creenzas”. Dende a Plataforma Ulloa

Viva lamentan que “a posición da Xunta sexa a de acompañarse dunha empresa estranxeira e desprezar á veciñanza afectada polo proxecto da macrocelulosa”. De tódolos

xeitos, Gontá reitéralle a Rueda “a nosa disposición a escoitalo, a que veña e nos explique o proxecto, e a que resposte ás nosas preguntas e preocupacións”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Dende a Plataforma Ulloa Viva, escoitando onte ao presidente da Xunta no Parlamento, “non entendemos que Rueda nos pida que agardemos a escoitar aos técnicos cando é

precisamente a Xunta de Galicia a que sen o dictame dos seus propios técnicos se

posiciona cada día ao lado da empresa, e mesmo xa ten dito o propio señor Rueda que está disposto a financiar o proxecto con cartos públicos sen que os técnicos se teñan

pronunciado aínda”. Marta Gontá advirte que a Plataforma “dende o primeiro momento amosou e amosa o seu respecto e confianza no traballo dos técnicos da Xunta que están a

avaliar o proxecto e as alegacións”, e pídelle a Rueda alomenos “o mesmo respecto para os galegos que o que lle amosa públicamente á empresa a diario”.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page