top of page

A Plataforma Ulloa Viva celebra "as dúbidas do PP arredor do proxecto de Altri" e pídelle á Xunta que paralice a súa tramitación

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O colectivo veciñal agradece que “por fin o alcalde de Palas recoñeza que é normal que haxa voces discordantes”


Ecos da Comarca/A Ulloa

A Plataforma Ulloa Viva celebra que “o noso traballo de información á veciñanza arredor do desastre ambiental e socioeconómico que suporía a celulosa de Altri en Palas de Rei, teña feito mella até nos responsables do PP da provincia de Lugo”. Algúns membros da plataforma e outros veciños achegáronse a título persoal este martes a Palas de Rei a un encontro cos medios do PP de Lugo encabezado pola presidenta provincial, Elena Candia, para amosar o seu rexeitamento a esta macrocelulosa. Logo de escoitar o que o PP de Lugo tiña que anunciar nesta convocatoria, dende a Plataforma Ulloa Viva “celebramos que por fin ata ao PP lle entraran as dúbidas ao respecto deste proxecto, que vaian levar mocións a todos os plenos municipais para escoitar a todas as forzas políticas e que acepten que haxa voces discordantes ao respecto”.

Diante deste cambio de actitude dos populares a Plataforma Ulloa Viva reclama á Xunta de Galicia que diante destas dúbidas “paralice a tramitación administrativa do proxecto Gama” que está en exposición pública para a súa Declaración de Impacto Ambiental (DIA) e declaración de utilidade pública dende o pasado 4 de marzo, e cun prazo de alegacións que remata o vindeiro 17 de abril.


Dende Ulloa Viva consideranque “é preciso suspender a tramitación administrativa deste proxecto na Xunta, xa que dende o propio PP de Lugo aseguran que aínda están a analizar os impactos deste proxecto na zona e mesmo o alcalde de Palas explicaba hoxe que estamos a falar da primeira fábrica de fibras téxtis de España e a segunda de Europa,

cando no DOGA di que Altri vai fabricar o dobre de celulosa que de lyocell, polo que estamos en realidade a falar de instalar a macrocelulosa máis grande de Europa no corazón de Galicia”.


Cambio de postura

A Plataforma Ulloa Viva saúda este “interese” que agora semella amosar o PP polo proxecto de Altri en Palas de Rei, logo de ter que escoitar este mes declaracións de dirixentes da Xunta cualificándoo coma “proxecto estratéxico, tractor, redondo e

supersostible”. Este martes a presidenta provincial do PP dixo en Palas que o seu partido busca “unanimidade” arredor deste proxecto e a Plataforma veciñal “celebra este cambio de postura e convida ao PP a paralizar a tramitación administrativa do mesmo para “buscar esa unanimidade”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Dende Ulloa Viva aclaran ao PP de Lugo que onte falou en Palas de que o de Altri é un

“proxecto de economía circular”, que ese foi o PERTE ao que en un principio pretendeu

optar a empresa para captar 250 millóns de euros de fondos europeos, “pero os senadores do PP deberían saber que o pasado mes de febreiro na Cámara Alta o ministro de Industria en resposta a Xosé Manuel Barreiro dixo que agora o proxecto concorre ao PERTE da descarbonización”.


Ulloa Viva celebra que o propio alcalde de Palas de Rei recoñeza que “é normal que haxa

voces discordantes” e que estamos en periodo de exposición pública para presentar alegacións. De todos modos e posto que o rexedor palense insiste en falar dunha fábrica de fibras téxtis, a plataforma recoméndalle que “coma lle explicaron os xornalistas si lee o

DOGA verá que Altri quere producir o dobre de celulosa que de lyocell, polo que a de Palas pretende ser unha macrocelulosa 10 veces maior que Ence”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A preguntas dos xornalistas respecto da afectación deste proxecto ao Camiño de Santiago, o alcalde de Palas falou das “medidas correctoras” que no proxecto da empresa figuran para esta afectación, en realidade só unha medida que é “un cinturón de árbores

autóctonas”. "Dende a Plataforma Ulloa Viva entendemos que o propio rexedor ao anunciar

onte que “vamos estudialas e se se pode, melloralas”, está a recoñecer a afectación de Altri “desastrosa” para a actividade socioeconómica arredor do Camiño Francés. Un argumento que para Ulloa Viva supón “un motivo máis para paralizar a tramitación administrativa deste proxecto por parte da Xunta de Galicia”.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page