top of page

A Plataforma Ulloa Viva apela á “forza da xente” para seguir loitando contra Altri

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Preto de 400 persoas rodean o encoro en Brocos ao berro de “a auga é nosa, e non da celulosa”


Laura Moure/Agolada

Preto de 400 persoas secundaron este domingo a andaina informativa sobre Altri convocada pola Plataforma Ulloa Viva e o colectivo Agolada Viva que percorreu os 6 quilómetros que separan a Ponte de Agra do clube náutico Agolada (Brocos). No encoro de Portodemouros, os asistentes fixeron ademais unha cadea humana ao aberro de “a auga é nosa e non da celulosa. Altri Non”. Na área recreativa de Brocos, a voceira da Plataforma Zeltia Laya apelou “á forza da xente” para parar o proxecto da macrocelulosa en Palas de Rei.


Laya explicou aos asistentes o balance da recente visita a Bruxelas de membros da Plataforma Ulloa Viva, asegurando que “nos indicaron que imos polo bo camiño co empuxe do movemento social no territorio e alertando ás institucións” dos impactos que o Proxecto Gama ten en materia medioambiental, socioeconómica e patrimonial no corazón de Galicia.

“En Bruxelas ven alarmante este proxecto”, explicou Laya, que lembrou que a Plataforma

Ulloa Viva levou á UE un informe feito por técnicos e expertos no que se constata que o proxecto de Altri "incumpre alomenos 7 normativas comunitarias". Zeltia Laya dixo ademais

aos pés do encoro no que Altri quere captar 46 millóns de litros de auga ao día que “non

podemos permitir esa captación, imos chegar onde faga falta, non imos parar”.


Así memso, ao remate da andaina tomou tamén a palabra Maruxa Fociños, veciña de Agra e cantante de Fuxan os Ventos. Diante dos asistentes asegurou que “a forza témola nós,

somos moitos máis ca eles, si estamos xuntos non poden con nós”. Maruxa Fociños falou coma veciña afectada polas expropiacións que precisaría a captación da auga cara Palas de Rei, que en Agolada afecta a 218 fincas.


O mestre Manuel Busto, natural da parroquia agoladense de Carmoega, leu un manifesto

en tres tempos no que falou “do pasado imperfecto, o presente intranquilo e o futuro na

loita”, centrado nos problemas que a macrocelulosa de Altri en Palas de Rei vai a supoñer

para os recursos naturais do interior de Galicia. “Da Ulloa á Ría de Arousa temos que

defendernos fronte ao capitalismo que pretende expoliar a nosa auga, que é a nosa vida,

saúde e riqueza”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Resposta veciñal

A Plataforma Ulloa Viva agradeceu a todos os organizadores e asistentes ás tres andainas,

que ao longo deste mes de abril, percorreron por terra e pola auga os 12,5 quilómetros que

separan a Finca de Quintas (Palas de Rei) e o encoro de Portodemouros, onde Altri

solicitou a Augas de Galicia a captación de 46 millóns de litros de auga ao día, e pensa

devolver ao río Ulla dous quilómetros arriba (na parroquia agoladesa de O Sexo) 30 millóns

de litros de auga tratados con químicos na súa planta.


As tres andainas percorreron o trazado que marcan as tubaxes previstas por Altri nos

concellos de Palas de Rei, Santiso e Agolada. A Plataforma destaca a “unión e a mobilización social sen precedentes” que está a medrar cada día en todo o país.




留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page