top of page

A Plataforma Ulloa Viva anima a asistir á marcha contra as celulosas o 1 de xuño en Pontevedra

Ecos da Comarca/Xeral

Dende a Plataforma Ulloa Viva convocan a todas as persoas e colectivos a asistir á marcha contra as celulosas que terá lugar o 1 de xuño en Pontevedra. "Despois do anuncio da DIA, e á espera da autorización ambiental integrada, consideramos que debemos volver a rúa e reclamar unha vez máis o respecto ao territorio e á veciñanza".

A Plataforma Ulloa Viva difundiu na súa páxina web o expediente completo ao que tiveron acceso como parte interesada. "Facemos isto en nome da transparencia e o dereito á información que dende o comezo levamos pedindo á Xunta de Galicia. Moitos destos informes saen á luz con cambiazos evidentes en datos técnicos que non se acreditan ou xustifican debidamente. Dende a Plataforma seguiremos denunciando estas cuestións que nos permiten coñecer como foi ou está sendo a tramitación deste proxecto ao que a Xunta de Galicia lle pon a alfombra vermella".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, a plataforma aproveitou a ocasión para lembrar que ten aberto un goteo para a recadación de cartos para poder exercer tantas accións administrativas como xurídicas precisen co fin de parar esta macrocelulosa. "Estamos a un pasiño de conseguir o mínimo que se require. Agradecer dende aquí tantísimo apoio recibido dunha cidadanía que non deixa de berrar forte e claro: ALTRI NON!"


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Para nós convocar esta manifestación nacional xunto coa Asociación en Defensa da ría e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa ten especial significado. Non imos ser testemuñas da implantación doutra celulosa en Galicia. Admiración absoluta por todo o percorrido que dende Defensa da Ría levan feito, e por telos agora coma compañeiras no camiño. Compañeiras que nos advirten os riscos e nos animan a loitar máis que nunca para que ALTRI non sexa unha realidade. Altri nunca será".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page