Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Plataforma Afectadas/os Eólicos de Vila de Cruces dá a coñecer os seus obxectivos nun acto público

Manterá informada á poboación do municipio e fará unha oposición pública da veciñanza aos parques eólicos de Porcallos, Mesada, Cunca, Rodeira e Axóuxere


Laura Moure/Vila de Cruces

Este xoves o Local Social da parroquia de San Pedro de Losón acolleu a presentación aos medios de comunicación da Plataforma Afectadas/os Eólicos de Vila de Cruces. Nela, representantes da mesma, Alba Sanín, Ramón Varela e Adrián Riádigos, veciñas e veciños de San Pedro, Bodaño e San Tomé de Obra respectivamente, presentáronlle ás persoas asistentes, prensa, veciñas e veciños de moitas parroquias, os obxetivos e fins polos que se constituíu dita plataforma: manter informada á poboación de Vila de Cruces e facer unha oposición pública da veciñanza aos parques eólicos de Porcallos, Mesada, Cunca, Rodeira e Axóuxere.


Recalcan que a súa principal motivación non é estar en contra das enerxías renovables, senón posicionarse en contra da forma en que queren asentar catro parques eólicos dentro do Concello de Vila de Cruces, o que consideran, "non cumple a normativa medioambiental e vai resultar prexudicial para o conxunto da veciñanza, tanto física, psíquica como económicamente".


Amosaron o respaldo por parte da veciñanza e do movemento asociativo do concello así como alianzas e sinerxias con outras plataformas dos municipios colindantes, como poida ser a presencia e apoio do tamén afectado, Marcial Barral da Eira da Xoana, porque “esto nos afecta a todas e a todos”.

Riádigos, Sanín e Varela, esta mañá, durante a presentación.

249 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE