top of page

A Plataforma Afectadas/os Eólicos de Vila de Cruces convoca unha reunión informativa para día 2

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Vila de Cruces

O vindeiro venres, 2 de xullo, a Plataforma Afectadas/os Eólicos de Vila de Cruces levará a cabo unha reunión informativa no audotorio Xosé Casal de Vila de Cruces, ás 20:30 horas.


"Faremos unha presentación do macroproxecto eólico que afecta ao concello e contaremos con dous poñentes expertos no tema: Fins Eirexas, secretario técnico de Adega e Manuel Dacal, coordinador xeral da Fruga", indica o colectivo. "Convidamos a tódolos medios de comunicación, á veciñanza do concello, asociacións, colectivos e representantes públicos da mesma a asistir".


Dentro deste ciclo de charlas informativas, o pasado xoves, a plataforma mantivo unha reunión co comercio local.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page