A piscina municipal de Vila de Cruces abrirá ao público este mércores, 8 de xullo
- ecosdacomarca

- 7 jul
- 2 min de lectura
Permanecerá aberta de luns a domingo e o acceso será gratuíto durante toda a tempada estival
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces abrirá ao público a piscina municipal este mércores, 8 de xullo, unha vez rematadas as obras de mellora e finalizados todos os procesos técnicos e
administrativos necesarios para a súa apertura.

A principal actuación consistiu na renovación integral do vaso grande da piscina, que
presentaba filtracións de auga e desprendemento do revestimento interior. A intervención incluíu a execución dun novo vaso con sistema de rebosadoiro perimetral e vaso de compensación, o que permite mellorar a circulación e a calidade da auga, ademais de optimizar o seu funcionamento e mantemento.
PUBLICIDADE
Así mesmo, renovouse completamente o pavimento da zona de praia, substituíndo o anterior revestimento por unha superficie continua, máis confortable, segura e axeitada
para o tránsito descalzo, mellorando deste xeito as condicións de uso e o confort das
persoas usuarias.
Tamén se levaron a cabo actuacións de acondicionamento na piscina infantil.
PUBLICIDADE
A piscina municipal permanecerá aberta de luns a domingo, en horario de 16:00 a 20:30 horas, e o acceso será gratuíto durante toda a tempada estival.
PUBLICIDADE
Desde o Concello de Vila de Cruces “anímase á veciñanza a desfrutar destas instalacións renovadas, que permitirán ofrecer un servizo de maior calidade e un espazo de lecer máis moderno, cómodo e seguro”.









Comentarios