A piscina municipal cuberta de Arzúa reabre mañá tras un investimento de máis de 150.000 € en melloras
- ecosdacomarca

- 5 oct 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
A piscina municipal cuberta de Arzúa volverá estar dispoñible para a veciñanza a partir de mañá, luns 6 de outubro, unha vez finalizadas as actuacións de mellora realizadas nos últimos meses. Os traballos supuxeron un investimento de máis de 150.000 euros, destinados ao barnizado e á renovación da madeira, así como á mellora do illamento das instalacións.

Entre as actuacións principais, renovouse o chan de madeira do vaso, tratáronse e substituíronse paneis do teito e das paredes, reforzouse a fachada con madeira nova, realizouse a impermeabilización exterior e aplicáronse tratamentos protectores para garantir a durabilidade e a seguridade das instalacións.
PUBLICIDADE

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, subliñ: “Sabemos que aínda quedan melloras pendentes noutros espazos municipais, pero coa posta a punto da piscina damos un paso máis na dirección correcta: ofrecer instalacións coidadas, actualizadas e, sobre todo, útiles para a veciñanza.”
PUBLICIDADE
Tras a finalización destas obras, a veciñanza poderá volver desfrutar, desde este luns, da piscina municipal cuberta nunhas instalacións renovadas para a práctica deportiva e o lecer.







Comentarios