top of page

A piscina exterior de Furelos en Melide xa está en funcionamento tras ser obxecto de obras de mellora

Laura Moure/Melide

O Concello de Melide reabriu este luns, 1 de xullo, a piscina municipal exterior da área recreativa de Furelos. Permanecerá operativa durante toda a tempada de verán, ata o mes de setembro, en horario de 12 a 20 horas. Ambos os dous vasos da piscina foron obxecto de obras de reparación recentes para corrixir os problemas de perda de auga que se rexistraban.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

As actuacións leváronse a cabo tanto sobre o vaso grande da piscina como sobre o pequeno. No primeiro, os traballos incluíron un hidrolimpado e posterior repicado do gresite solto. Cubriuse todo o vaso cunha capa de 15 milímetros de morteiro especial para piscinas que serviu como base dunha lámina armada. Ademais, instalouse unha nova impulsión a base de tubos e bocas de impulsión de polietileno. Construíronse dous novos sumidoiros de fondo cos seus correspondentes desaugadoiros. Tamén se tratou a ferruxe das tampas do vaso de compensación e pintáronse. No vaso pequeno, os traballos foron practicamente idénticos.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Esta posta a punto da piscina exterior de Furelos permitirá á veciñanza e visitantes desfrutar deste espazo de baño nas mellores condicións durante o verán, evitando a formación de pozas ocasionais na área axardinada como consecuencia das perdas na piscina.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page