top of page

A picadura dunha avespa en Vila de Cruces sáldase coa mobilización do helicóptero medicalizado

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

IsmaelRS/Vila de Cruces

Helicóptero 061 hoxe. Foto: Protección civil de Vila de Cruces

Esta mañá sobre as 11.00 horas, un mozo de 20 anos e de nacionalidade romanesa, atopábase desbrozando unha finca situada en Vila de Cruces, con tan mala sorte que un enxame de avispas comúns ergueuse e unha delas conseguiu picalo. O mozo ía acompañado doutro compañeiro, que o trasladou nun primeiro momento ao centro médico do municipio, pero tras ver os síntomas, os medios sanitarios decidiron mobilizar o helicóptero medicalizado con base no CHUS.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Con estes datos o 112 Emerxencias, procede a dar aviso á Policía Local, Protección Civil e á Garda Civil. Pero unha vez aterrado o helicóptero, o equipo sanitario decidiu estabilizalo e proceder o seu traslado en ambulancia, segundo comenta Protección Civil a este medio.






Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page