Ecos da Comarca/Melide

A última hora da tarde de onte, domingo, dabamos conta do falecemento dunha persoa tras ser atropelada por un tren ao seu paso polo municipio de Lalín. Hoxe desvelouse a súa identidade. Trátase dun veciño de Melide de 56 anos.
Publicidade
O suceso ocorreu sobre as 18:30 horas. A persoa accedeu á vía por un lugar non autorizado, xa que a zona está vallada, e tal e como se puido ver tras analizar as cámaras que o Adif ten instaladas na ponte de Baxán, a escasos metros de onde ocorreu o suceso.
Ademais, xunto á valla apareceu un coche que inmediatamente foi precintado e que despois as autoridades confirmaron que era da vítima. Ademais, hoxe informouse de que foi a propia vítima a que se tirou á vía do tren.
Cabe mencionar que tras o tráxico suceso, a circulación paralizouse en ambos sentidos, para levar a cabo o levantamento do cadáver. Isto provocou importantes retrasos en distintos trens.
NOTICIA RELACIONADA:
A noticia do atropelo mortal: https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-persoa-perdeu-a-vida-ao-ser-alcanzada-por-un-tren-de-pasaxeiros-en-lal%C3%ADn
Comments