A Peneda: máis que unha área recreativa
Actualizado: 10 abr 2021
Este entorno atópase moi preto do centro da localidade de Monterroso

A Área Recreativa da Peneda, en Monterroso.
Autor: Ecos da Comarca
Laura Moure/Monterroso
Unha das paradas obrigadas no municipio de Monterroso é a Área Recreativa da Peneda, un lugar marabilloso para darse un chapuzón durante a época estival, para pescar durante a tempada deste deporte ou simplemente para descansar ou desconectar en calquera época do ano.
O lugar é moi fermoso marcado polas augas do río Ulla, que fai que durante o verán sexa unha das praias fluviais máis concurridas, porque ademais, conta con piscinas para grandes e pequenos e con zonas para comer ou descansar. Así mesmo hai unha pista de tenis e un camping municipal.
Ademais da natureza e das súas augas, esta área destaca polos diferentes elementos etnográficos, entre eles o rei é un hórreo aberto no que se pode acceder ao seu interior, sentarse e aprezar o entorno. Complétase a súa beleza con moas, canles de muíños ou poldras sobre o río que falan do patrimonio galego por si sós. Pero quizáis o que máis chame a atención é a presenza de sepulcros antropomorfos.
Pero o mellor de todo é que cada quen opine deste lugar e tan só hai que desprazarse a este municipio para gozar do mesmo!
Fonte: Ecos da Comarca