top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A película “Valentina” proxectarase este venres, día 15, en Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

A través do programa FalaRedes de dinamización lingüística e de Redecinema, este venres día 15 vaise proxectar finalmente o filme Valentina na Praza de Juan Salgueiro de Silleda ás 21:00 horas, xa que a semana pasada tivo que ser cancelada por mor do mal tempo.

Trátase dunha película de animación, chea de aventuras e con partes musicais, protagonizada por unha cativa con Síndrome de Down chamada Valentina que soña con ser trapecista.


Publicidade

A súa directora e produtora, Chelo Loureiro, inspirouse na súa irmá para escribir o guion xunto a Lúa Testa. Gañadora do premio Goya á Mellor Película de Animación no 2021, foi feita pola produtora galega Abano Producións, en coprodución con Antaruxa e El Gatoverde Producciones.


Publicidade

Está pensada para que o público infantil, e adulto en xeral, disfrute desta obra audiovisual e aprenda valores coma o respecto á diversidade e a superación persoal, xa que este filme fala da inclusión social das persoas con diversidade funcional e intelectual. A entrada a esta actividade é de balde e a proxección farase en formato de cinema de verán: ao aire libre e con gran pantalla.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page