top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A partir do luns permitirase a mobilidade por toda a comunidade galega agás por 17 concellos

Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa só Sobrado quedará no nivel alto de restrincións, mentres que todos os demais municipios permanecen no medio


Julio García Comesaña hoxe durante a comparencia.


Laura Moure

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acaba de anunciar que a partir do luns eliminaranse as limitacións perimetrais que afectan ás áreas sanitarias de Pontevedra e A Coruña debido a que hai unha mellora na situación epidemiolóxica. Desta forma, permitirase a mobilidade por toda Galicia agás por 17 concellos, onde seguirán con restriccións máximas ou altas debido aos datos da súa incidencia acumulada nos últimos 14 días. Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa só Sobrado dos Monxes queda no nivel alto, todos os demais están no mínimo, é dicir, no medio.


Desta forma, a día de hoxe só Soutomaior (Pontevedra) está no nivel de restrición máximo, pero únense a este municipio Boborás (Ourense), A Mezquita (Ourense) e Pobra de Brollón (Lugo).


A área de Vigo queda na súa totalidadade no seu nivel máis baixo, agás Mos que queda en nivel alto despois de que Mondariz e Pazos de Borbén reduciran a súa incidencia.


Pola súa banda, en Pontevedra só Vilanova de Arousa, Cambados e Pontecaldelas quedan no nivel alto, mentras que en A Coruña permanecen neste grao Miño, Ponteceso, Arteixo e Sobrado. En Ferrol, son os concellos de Cariño e Mugardos os que quedan na situación alta e en Lugo, Guitiriz, Lourenzá e Paradela.


Por último, nas áreas sanitarias de Santiago e Ourense todos os municipios estarán en nivel medio.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page