top of page

A partir de hoxe a Área Sanitaria de Santiago fará PCR gratuítas e sen ser solicitadas por un médico

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Para acudir non se pode ter síntomas de coronavirus


Ecos da Comarca/Xeral

A partir de hoxe a Área Sanitaria de Santiago de Compostela realizará PCR gratuítas sen cita e sen necesidade de petición facultativa no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) en horario de 15:30 a 21:00 horas. Os interesados deberán dirixirse á sala de extraccións, situada no andar -3 do edificio de hospitalización con acceso directo dende o aparcamento da área de laboratorio.

Faranse todos os días agás o 25 de decembro e o 1 de xaneiro e o 24 de decembro rematará ás 19:00 horas.


Dende o Sergas sinalan que é moi importante acudir só no caso de non ter síntomas. No caso de telos hai que chamar por teléfono ao médico de cabeceira ou ao Punto de Atención Continuada (PAC).


Por outra banda, tamén está en marcha o autotest de saliva para nenos e nenas de entre cinco e 11 anos nas farmacias adheridas ao programa. Pero nunha boa parte delas estes están agotados polo tanto, é necesario poñerse en contacto primeiramente cas farmacias ou incluso, reservalos previamente.



 
 

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page