top of page
Foto del escritorLaura Moure

A parroquia silledense de Parada acolle hoxe o concerto de Faia Díaz e Benxamín Otero

Tamén continúa a 44 edición da Semana Cultural de Cira, que arrancou cos contos de Celso F. Sanmartín


Laura Moure/Silleda

O rural protagoniza estes días as actividades culturais no municipio de Silleda, con distintas iniciativas. Ademais dos numerosos magostos que se están a celebrar nas parroquias ao longo deste mes, as parroquias de Cira e Parada protagonizan senllos

ciclos culturais con destacadas actuacións.


Así, na xornada de hoxe, sábado, terá lugar unha nova edición do certame Café, concerto e…doces, promovido pola Asociación de Veciños de Parada en colaboración co Concello de Silleda. A cita será ás 17:30 horas na casa escola da localidade co concerto de Faia Díaz e Benxamín Otero. A voz dunha das fundadoras e integrante do grupo Devacas fundirase cas melodías do músico lalinense nesta cita que rematará ca degustación de distintos doces.


Faia Díaz Novo (Santiago de Compostela, 1988) é cantante e licenciada en Historia da Arte pola USC. Tamén forma parte do Coro Encaixe e da compañá A Patacón, entre outros. No 2019 viu a luz o seu primeiro traballo discográfico en solitario, Ao cabo leirín, cunha selección de arquivos tradicionais transmitidos por mulleres e reinterpretados por ela soa en diferentes espazos sonoros.


Este traballo foi elixido como terceiro mellor álbum estatal de raíz do 2019 pola revista Mondosonoro e finalista a pmellor proxecto de música tradicional nos Premios Martín Códax da Música 2020. Para o directo acompañouse do músico Benxamín Otero, intérprete co que actuará na cita de Parada.

Por outra banda, en Cira continúa a 44 edición da Semana Cultural, que arrancou este xoves ca actuación de Celso F. Sanmartín. Onte foi a quenda domago Rafa, co espectáculo Historias dun ilusionista”. O mago actuará no escenario do centro cultural de Cira ás 20:30 horas.


Hoxe, no marco deste ciclo organizado pola comisión de festexos da localidade en colaboración co Concello de Silleda, a xornada estará adicada aos máis cativos, con xogos e obradoiros a partir das 17:00 horas.

Mañá o ciclo rematará ca tradicional xuntanza de confraternidade da parroquia, cun xantar, a partir das 13:30 horas, amenizado polo dúo Punto Zero. Como novidade haberá servizo de ludoteca para as crianzas durante a tarde desta última xornada.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page