top of page
Foto del escritorLaura Moure

A parroquia silledense de Cortegada celebra o sábado 20 de xullo a XXII Festa da Paella

A retirada das invitacións será ata o día 18 ou ata completar o aforo


Laura Moure/Silleda

A parroquia silledense de Cortegada prepárase para a que será xa a súa XXII edición da Festa da Paella, organizada pola Asociación Sociocultural Cortegada. Terá lugar o vindeiro sábado, 20 de xullo. Ademais do prato estrela, os asistentes poderán desfrutar da mellor música que correrá a cargo de dúas formacións.

A cea arrancará a partir das 22 horas. Os interesados en degustala deberán retirar as invitacións en Silleda en Agroservicios Alberto, Bodegón Esther, Bodegón Os Toneles; en Lalín na Carnicería Varela ou senón contactando con calquera membro da comisión.


Publicidade

O prezo é de 15 euros por persoa. Quen queira pode obter máis información a través do 686 65 03 71, pero non se fan reservas telefónicas. O último día para retirarlas será este xoves, 18 de xullo, ou ata completar o aforo. Tamén haberá servizo de polbo.


A verbena correrá cargo da orquestra Cinema e o grupo Fussión. A festa continuará o domingo 21 con misa solemne ás 13 horas cantada polo Coro Cortegada e a sesión vermú correrá a cargo de Os Trasnos de Doade. Por último, a partir das 17 hora haberá Festa Infantil con Tikolandia.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page