top of page

A parroquia silledense de Breixa celebra o sábado a súa Festa da Castaña

Xa se poden adquirir as entradas


Ecos da Comarca/Silleda

A gastronomía volve ser protagonista en Silleda este mes da man dun dos produtos típicos do outono. Así, a parroquia de Breixa celebra o sábado día 26 a XXIII Festa da Castaña, organizada pola Asociación Cultural O Cruceiro de Breixa en colaboración co Concello de Silleda. Será a partir das 21:30 no campo da festa, que estará cuberto.

O menú está composto por panceta, castañas asadas, postre, pan viño e café. As entradas custan 15 euros e poden mercarse no Bodegón de Esther (Silleda); Bar Sanse, en O Castro; na taberna de Martixe e no centro cultural de Saídres.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A velada estará amenizada polo dúo Punto Zero. A comisión tamén sorteará dous lacóns entre os asistentes.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page