A parroquia silledense de Abades celebrará a Romaría da Rosquilla o domingo de Pascua, o día 20
- Laura Moure
- 11 abr
- 1 Min. de lectura
Dende o luns e ata o mércores, a Asociación de Veciños A Costa estará no Centro Social da localidade elaborando este afamado postre
Laura Moure/Silleda
A parroquia silledense de Abades está xa inmersa nos preparativos da Romaría da Rosquilla, que celebrará a súa 37 edición o vindeiro domingo día 20. Así, durante a semana que vén, dende o luns e ata o mércores, a Asociación de Veciños A Costa estará no Centro Social da localidade elaborando este afamado postre, a partir das 16:00 horas.

Todas aquelas persoas que desexen coñecer a elaboración das rosquilla de Abades, poden achegarse ata o centro social para coñecer de maneira directa a confección desta especialidade gastronómica. Este ano non se celebrará o tradicional obradoiro, se vén o proceso de elaboración estará igualmente aberto ao público.
Publicidade
Dende o Concello de Silleda tamén se comezaron xa as tarefas de limpeza e acondicionamento do campo da festa para a celebración, que se presentará o vindeiro luns e que volverá a coronar, como xa é tradición no domingo de Pascua, aos bolos de roquillas máis sabedeiros e orixinais.
Así mesmo dende o Concello destacase o traballo e o esforzo realizado dende o colectivo A Costa, por manter viva esta tradición durante case 4 décadas.
Comments