Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia acollerá distintas actividades ao longo da xornada festiva
Laura Moure/Lalín
O lugar de Codeseda, na parroquia lalinense de Doade, xa está preparado para a súa gran xornada festiva: a Festa da Malla Tradicional. Considerada Festa de Interese Turístico de Galicia celebra a súa 24ª edición o vindeiro 19 de agosto. Cada ano acércanse ata Codeseda público dende distintos puntos para desfrutar dunha romaría na que se lembran vellos tempos. Ademais, inclúe distintas actividades pensadas para todas as idades.
Publicidade
Así ás 11:00 horas arrancará a Mostra de Artesanía, maquinaria e pintura.
Ás 12:00 horas comezará a Malla tradicional: con carrexo de mollos, malla á pedra, con males, malladoira manual, con motor e tractor e por último, terá lugar a entrega de premios ao mellor vestido de época.
Sobre as 14:00 horas haberá o xantar popupar, no que tamén haberá servizo de polbeiro baixo carpa. Xa está aberto o prazo para facer as reservas, tal e como indican dende o Museo Casa do Patrón de Doade.
E a partir das 16:30 horas comezará o 9º Serán da Malla. Nesta edición actuarán: Amigos do Acordeón Terras de Celanova, pandereteiras A Xariza de Parada, pandereteiras A Carballeira de Cercio, grupo de gaitas Os Dezas de Moneixas, agrupación O Carballo da Manteiga, As Ferreñas de Cortegada e o grupo de gaitas Os Trasnos de Doade.
Por últimos, ás 19:00 horas terá lugar o concerto a cargo de Cantos da Terra de O Salnés.
Os interesados poden obter máis información a través dos teléfonos 986 692 203 ou 635 939 890, do correo electrónico casadopatron@gmail.com ou de https://www.facebook.com/casa.patron.5
Comments