top of page

A parroquia de San Tirso de Cornado honra aos rixóns

Celebrou hoxe a festa deste manxar que ademais se completou con música, concurso de disfraces e artesanía


Laura Moure/Touro

Na parroquia de San Tirso de Cornado (Touro) respirábase hoxe ambiente festivo. Despois duns anos de parón debido á pandemia, voltou a súa Festa dos Rixóns na Pota de Ferro. Foron moitos os que decidiron desfrutar desta xornada neste día festivo.

As filloas tamén foron outras das protagonistas. Autor: Begoña Santos.

As filloas tamén foron outras das protagonistas da xornada, xa que filloas e rixóns son unha combinación perfecta. Ademais de comelos no lugar, tamén houbo outros que decidiron levalas para a casa e desfrutar deste manxar.

Os rixóns son feitos en pota de ferro. Autor: Begoña Santos.

Ademais de gastronomía, a cita completouse con moito folclore, co Samaín con concurso de disfraces incluido e con feira de artesanía. Sen dúbida, unha xornada marabillosa para pasar en familia. Para o ano máis!


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page