top of page

A parroquia de Abades acollerá un obradoiro das súas afamadas rosquillas o vindeiro 9 de abril

A Romaría adicada a este postre celebrará a súa 34 edición o 17 de abril, coincidindo co domingo de Pascua


Laura Moure/Silleda

A parroquia silledense de Abades celebrará o vindeiro día 17 de abril, domingo de Pascua, unha nova edición da Romaría da Rosquilla. Esta festa cumple xa 34 anos como un dos

referentes da gastronomía do municipio. Para abrir boca, a comisión organizadora –da man da Asociación de Veciños A Costa - celebrará o vindeiro sábado día 9, a partir das 16:00 horas un obradoiro de elaboración de rosquillas gratuíto no que se amosará a todas as persoas que o desexen como elaborar este afamado postre.


Este ano, a organización tamén abrirá ao público a última semana antes da festa a elaboración do produto. Así, no caso de non poder asistir ao obradoiro do día 9, as persoas interesadas poderán achegarse pola tarde ata o local social da parroquia dende o día 11 ao 14 de abril l para ver como se fan as rosquillas. O aforo durante a semana é limitado e para participar hai que anotarse chamando aos teléfonos 610 580 344 ou 651 673 013.


A Romaría da Rosquilla volta pois tras dous anos de silencio por mor da pandemia da man da veciñanza de Abades, parroquia afamada por este típico doce que reinará unha vez máis no calendario festivo de Silleda, con premios aos mellores bolos.

A Romaría da Rosquilla nunha edición pasada. Autor: Concello Silleda.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page