Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Sobre as18:30 horas deste sábado produciuse un accidente entre dúas motos na estrada PO-960 á altura da parroquia cruceña de Piloño, case á altura da discoteca Sambar, tal e como presenciou ECOS DA COMARCA.
Catro motos, nunha delas viaxaban dúas persoas, estaban circulando a escasa velocidade dirección Carbia, cando a primeira delas xirou á esquerda e unhas das outras alcanzou a que ía diante dela. Tras o impacto caeron as dúas motos e os acompañantes ao chan, quedando unha mancha de aceite na estrada. Un dos homes quedou ferido leve, provocándolle feridas ao menos nunha perna. "Imos chamar á ambulancia e a Garda Civil para que limpien esta mancha de aceite", indicaron.
Ao lugar desprazáronse axentes da Garda Civil, Protección Civil de Vila de Cruces e o ferido foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario.
Outro accidente Lalín
Por outra banda, Lalín rexistrou outro accidente pola mañá no que se viu implicada outra moto. Neste caso, chocou contra unha furgoneta que estaba aparcada na Avenida do Montserrat.
Foto: Ecos da Comarca
Comments