A parroquia cruceña de Oirós vivirá con intensidade o Venres Santo co Desenclavo de Cristo
- ecosdacomarca

- 31 mar
- 1 min de lectura
A Igrexa de Santa María de Oirós celebrará esta función, en colaboración co Concello de Cruces, ás 12 horas
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces colabora cos veciños e veciñas de Oirós na organización do acto do Desenclavo da Semana Santa. A función do descendemento da cruz celebrarase o
Venres Santo ás 12:00 horas na Igrexa de Santa María da parroquia de Oirós, cunha
liturxia oficiada polo párroco Rubén Budiño e a correspondente procesión.

PUBLICIDADE

A veciñanza de Oirós escenifica o Vía Crucis centrándose no Santo Encontro e no Desenclavo, unha solemne representación, chea de emotividade e tradición, da
Semana Santa que escenifica o momento no que Xesús é baixado da cruz trala súa
morte.
Publicidade
Nesta escena de Oirós tamén ten protagonismo Verónica, que limpa o rostro de
Xesús cun pano durante o Vía Crucis, quedando plasmada a imaxe de Cristo no veo.







Comentarios