O accidente ocorreu na noite do martes
Ecos da Comarca/Arzúa
O municipio de Arzúa rexistrou na noite do martes unha saída de vía. En concreto, o suceso ocorreu na N-547 á altura da parroquia de Burres.
O 112 Galicia foi avisado cerca das 22:30 horas polo propio 061, que alertaba de que a persoa non tiña que ser trasladada e indicaba que o suceso ocorreu nunha zona perigosa por tratarse dunha curva.
Alertaron, ademais de Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos bombeiros de Arzúa, a Protección Civil e á Policía Local da localidade e ao servizo de mantemento de estradas.
Cabe mencionar que non foi o único accidente rexistrado nas últimas horas en Arzúa. Na parroquia de Boente tivo lugar outro. Toda a información deste no enlace:
Comments