top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A parroquia agoladesa de Ramil rexistra un lume forestal, unha reprodución do que tivo lugar en xullo

Ecos da Comarca/Agolada

Este domingo rexistrouse un incendio forestal na parroquia agoladesa de Ramil. Segundo os datos proporcionados a este medio pola Consellería de Medio Rural o lume iniciouse ás 14:32 horas e quedou controlado desde as 17:17.

Segundo os datos facilitados ás 17:30 horas había afectada unha superficie estimada de 0,39 hectáreas de monte raso. Ademias, Medio Rural informa que é unha reprodución do lume rexistrado no lugar o pasado 29 de xullo. Máis datos deste lume no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-incendio-calcina-0-5-hect%C3%A1reas-na-parroquia-agoladesa-de-ramil


Publicidade

Segundo a última información recabada, mobilizáronse 2 axentes, 7 brigadas, 5 motobombas, 2 avións e 1 helicóptero.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page