top of page

A parroquia agoladesa de Berredo honra a Santa María e a San Roque os días 15 e 16 de agosto

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Uxía Santiso, Cristina Mouriño, Andrea Roqueiro e Lorena Vázquez colleron este ano o relevo da asociación do lugar para organizar dous días de festas


Laura Moure/Agolada

Son moitas as parroquias das distintas comarcas que honrarán a Santa María e San Roque os días 15 e 16 de agosto. Entre estas, está a agoladesa de Berredo. Uxía Santiso, Cristina Mouriño, Andrea Roqueiro e Lorena Vázquez colleron este ano o relevo da asociación do lugar para organizar dous días de festas. Elas queren agradecer a todos os veciños e outras persoas que aportaron o seu graniño de area para poder celebrar estas dúas xornadas festivas.

Uxía Santiso, Cristina Mouriño, Andrea Roqueiro e Lorena Vázquez.

O día 15 arrancará a xornada festiva con pasacalles pola mañá pola parroquia a cargo do grupo de gaitas de Arzúa Luar das Augas. Ás 12:30 hora terá lugar a misa solenme e seguidamete, a sesión vermú estará amenizada polo dúo Oro Negro. Pola tarde, de 18:30 a 19:30 horas será a hora do neno con inchables gratis no campo da festa. Xa pola noite, a verbena correrá a cargo de Oro Negro.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Mentres o día 16 a misa solenme comezará ás 12:00 horas e será Suso de Boente o encargado de poñer o ritmo na sesión vermú.


Sorteo

A comisión de festas ten a venta rifas para o sorteo dunha cesta de produtos gastronómicos e tamén dun lacón que se sortearán o luns 15 durante a verbena.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page