top of page

A parroquia agoladesa de Artoño acolle o 25 de xuño a súa primeira ruta cabalar

A data límite para adquirir as entradas será o 20 dese mes


Laura Moure/Agolada

A parroquia agoladesa de Artoño albergará o 25 de xuño unha ruta cabalar, sendo a primeira que se celebra nesta parroquia. Est organizada polos Cabaleiros de Artoño, en colaboración co Concello de Agolada.


A recepción dos cabalos e xinetes será no entorno do campo da festa de Artoño e da

taberna Xan de Patricio ás 14:00 horas aproximadamente. E a saída da ruta terá lugar ás 15:30 horas. Neste caso, a organización roga puntualidade.

Durante o traxecto haberá dúas paradas con bebidas e pinchos e a cea será ás 22:30 horas. Despois sobre a medianoite haberá actuación musical con entrada libre a cargo da charanga Ardores.


O prezo para participar nesta ruta é de 25 euros, que inclúe ademais a cea coas

degustacións das dúas paradas. Para asistir a ruta é obrigatorio dispoñer da entrada e os interesados poden adquirila ata o 20 de xuño. Poden facelo a través dos seguintes teléfonos, nos que tamén poden obter máis información da iniciativa: 650 924 879 (García) ou 610 319 702 (Juanki).

“Cada xinete farase cargo dos danos e gastos ocasionados polo seu equipo”, recalca a organización.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page