top of page

A Oficina Rural de Arzúa remata as súas obras de reforma, cun investimento total de máis de 145.000 €

Acometéronse diversas actuacións de mellora, así como a renovación do mobiliario


Ecos da Comarca/Arzúa

A Oficina Rural de Arzúa vén de completar o proceso de reforma das súas instalacións. A Consellería do Medio Rural promoveu esta mellora da oficina cun investimento total de 145.463,1 euros.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

As melloras correspondéronse con varias actuacións nas que acometeron diferentes obras, renovouse o mobiliario, realizáronse traballos en materia de climatización e, por último, instaláronse puntos de carga para vehículos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Todas estas actuacións permitiron mellorar o espazo no que se atopa a Oficina Rural de Arzúa, na rúa Padre Pardo, que dá servizo aos veciños deste concello e aos do Pino, Touro e Boimorto.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Nela, préstanse atención xeral á cidadanía na materia que lle compete, ademais de servizos agrarios e veterinarios.



Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page