A Oficina Móbil Retorno visitará Agolada o 6 de xuño
- ecosdacomarca
- 4 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada

O 6 de xuño de 2024 a Oficina Móbil Retorno da Xunta visitará Agolada, situándose na Praza do Concello, en horario de 9:30 a 14:00 horas.
Publicidade
O obxecto deste programa é promover a inclusión e integración da poboación emigrante retornada e dos seus familiares en todo o territorio galego, cubrindo as necesidades de atención en todas aquelas áreas ou concellos que teñan máis dificultades para acceder ás sedes da Oficina de Retorno.
Publicidade
Este servizo realizarase na oficina móbil que contará con persoal técnico da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno.
コメント