A Oficina Móbil de Retorno estará hoxe en Melide e mañá en Silleda
- ecosdacomarca
- 24 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Os emigrantes retornados poderán asesorarse sobre trámites administrativos, axudas, asistencia sanitaria, estudos ou traballo
Ecos da Comarca/Melide/Silleda
A Oficina Móbil de Retorno, punto de información e asesoramento para as persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias, fará parada hoxe, xoves 24, en Melide e mañá, venres 25, en Silleda. En Melide estará no Cantón de San Roque e en Trasdeza, a carón da Praza da Igrexa e en ambos casos atenderá ao público entre as 10:00 e as 14:00 horas.

Esta oficina é un punto de atención presencial no que se centraliza toda a información de interese para os galegos do exterior que retornan a Galicia co obxectivo de facilitar a súa plena integración. Ademais de poder coñecer cales son os recursos que teñen á súa disposición para estudar ou poñer en marcha un negocio, na oficina tamén recibirán asesoramento e contarán cun seguimento individualizado.
Publicidade
Entre outras cuestións, o servizo presta asesoramento sobre trámites administrativos vencellados ao retorno; prestacións, subvencións e axudas; asistencia sanitaria; vivenda; formación e orientación laboral ou emprendemento.
Publicidade
As persoas interesadas poderán concertar cita ou solicitar máis información chamando ao 900 102 380 ou a través da páxina emigración.xunta.gal
Comments