top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Oficina de Vivenda de Silleda informa de novas axudas para a mellora da eficiencia enerxética

Dende onte está operativa a convocatoria 2023 do programa de subvencións a actuacións de mellora da eficiencia enerxética, que se suman ás de rehabilitación de edificacións


Laura Moure/Silleda

A Oficina Municipal de Vivenda do Concello de Silleda informa que dende onte, venres, está operativa a convocatoria 2023 do programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética , así como as de rehabilitación a nivel de edificio. Ambas axudas son de tramitación electrónica por procedemento de concurrencia non competitiva, e poderanse solicitar ata o vindeiro 2 de outubro (agás que se agote o crédito).

Como condición inicial e común a ambas as obras non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin finalizadas no momento de presentar a solicitude.

As de mellora da eficiencia enerxética, como cambio de ventanas, mellora do aillamento ou

substitución de caldeira, deben cumplir algún dos seguintes requisitos:

- Unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración do 7 %.

– Ou unha reducción do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 %.

– Ou, en actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica, cumplir os valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ó aire da sección HE1.


Ademais deben de cumplir coa normativa vixente e contar con licencia e demais autorizacións administrativas. Por último, deben ter un coste igual ou superior a 1.000 euros. A axuda será do 40 % do coste da actuación, cun límite de 3.000 euros. E será subvencionable o coste de execución das obras, así como os honorarios dos profesionais intervinientes, o custe da redacción dos proxectos, informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa, e outros gastos xerais similares.


As de rehabilitación a nivel de edificio, e teñen a finalidade de financiar obras ou actuacións nas que se obteña unha mellora da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente térmica nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, incluíndo as súas vivendas, e nas vivendas unifamiliares.


Esas actuacións deben cumprir, cando menos, cos seguintes requisitos:

– Conseguir, polo menos, unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30%.

– Conseguir, polo menos, unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración do 35 % se están situados en zonas climáticas D e E ou dun 25 % se están situados en zona climática C.

– Cumprir coa normativa vixente e contar con licenza e demais autorizacións administrativas.

– Dispoñer de proxecto, ou memoria xustificativa, que inclúa o libro do edificio existente e un plan de xestión de residuos As axudas irán desde o 40% do orzamento ata un máximo do 80%, limitados a axudas máximas de 6.600€ e ata os 18.800€, en función do porcentaxe de aforro enerxético conquerido.


Poderá optarse a unha axuda adicional por vulnerabilidade económica que poderá alcanzar ata o 100 % do custo da actuación imputable ao devandito beneficiario segundo ingresos e aforro enerxético.


Todas as persoas que precisen máis información poden contactar ca Oficina Municipal de

Vivenda de Silleda no teléfono 986 180 233.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page