Laura Moure/Arzúa
A Concellería de Turismo e Promoción Económica de Arzúa anuncia a apertura da Oficina de Turismo desta localidade, que estará dispoñible para atender ao público a partir do venres, 21 de xuño de 2024.
A oficina, situada na Rúa Peregrino, s/n, está preparada para recibir aos visitantes e proporcionar toda a información necesaria para gozar plenamente da riqueza cultural e natural da nosa vila. "Este ano, agardamos unha tempada de moitas visitas, grazas ao interese crecente polos recursos turísticos de Arzúa e á popularidade do Camiño de Santiago".
Publicidade
A concelleira de Turismo e Promoción Económica, Begoña Balado, destaca a importancia desta apertura. “Estamos moi entusiasmados coas expectativas de visitas para esta tempada. A nosa oficina de turismo está mellor preparada ca nunca para ofrecer un servizo de calidade aos turistas". Ademais, indica, "este ano introducimos novidades que mellorarán a experiencia dos visitantes, como novos servizos e materiais informativos actualizados.”
Publicidade
A Oficina de Turismo estará aberta de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:30 horas e os sábados de 10:30 a 13:00 horas. "Convidamos a todos os visitantes a achegarse e descubrir todo o que Arzúa ten para ofrecer. Para máis información, por favor, contacte coa Oficina de Turismo de Arzúa en info@turismoarzua.gal ou no teléfono 981 508 056".
Comments