top of page

A obra “Menú-do día” trae a Melide un espectáculo que reivindica a diversidade fronte ao odio

O espectáculo do colectivo CBV representarase en dúas funcións este venres, 3 de outubro


Laura Moure/Melide

A obra “Menú-do Día” representarase en Melide o vindeiro venres, 3 de outubro, dentro do amplo programa de actividades deseñado polo Concello dentro do Outono Cultural. Este espectáculo, a primeira creación do colectivo CBV #ChamizoBelloVila é unha crónica das violencias continuadas e transversais que sofre o colectivo LGTBIQ+, desenvolto ao longo de máis de dous anos dende unha peza breve ata a obra actual.

ree

En “Menu-do día”, o ColectivoCBV amosa novas realidades de disidencia e activismo cara

a unha sociedade máis avanzada. Ideas como a tensión entre o odio e a ledicia, a escuridade e a luz, a tristeza e a aceptación, así como a diversidade, asómanse durante a

función.


O espectáculo representarase o venres pola mañá, ás 10 horas, para o público de secundaria. A función para o público xeral terá lugar ás 20 horas no Centro Sociocultural Mingo de Pita.


Publicidade

ree

Diego Chamizo, Alberte Bello e David Vila integran o Colectivo CBV #CHAMIZOBELLOVILA. Estes tres creadores traballan dende unha visión colaborativa da

arte, a favor da diversidade e a conciencia social a través de novas linguaxes de creación.

“Menú-do Día” acadou o Premio do Público no II Certame 67º Ourense Fervescénica, así

como o mesmo premio no Certame Micro-escenas Metro Cadrado do 31 Festival

Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) 2022.


O Outono Cultural propón este ano á veciñanza de Melide case tres meses de completas e variadas actividades, que inclúen teatro, espectáculos musicais ou mesas redondas e exposicións.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page