IsmaelRS/Boimorto/O Pino
Os equipos que representaban á comarca de Arzúa nesta novena xornada de Rexional Preferente Galicia 1º Fase Grupo 1º Norte - Subgrupo 1A, xogaron onte domingo os seus partidos de liga, non conseguindo puntuar ningún dos dous equipos.
Laracha C.F. - Boimorto C.F. (3-1)
O C.F. Boimorto xogou o seu partido contra o Laracha C.F., tivo lugar no campo municipal de A Laracha (A Laracha). Rematou cunha vitoria rotunda do equipo local por 3-1, os goles do equipo local foron obra de: Juan C. Fuentes Torres (12´), J. Gabriel Barroso Sainz (66´), o gol do equipo boimortense foi obra de Óscar Vizcaíno Alcalde (68´) e o último dos tantos locais foi anotado por José M. Bello Frafa (82´) e con este gol do equipo local remataría o encontro.
S.D. O Pino - U.D. Paiosaco Hierros (0-2)
O S.D. O Pino xogou o seu partido contra o U.D. Paiosaco - Hierros., tivo lugar no campo municipal de Reboredo - Arca (O Pino). O conxunto visitante conseguiu unha contundente vitoria, terminando 0-2. Os goles que subiron ao marcador foron obra de Iván A. Torres Louzao (23´) e o último dos goles marcounos Cristian Quintáns Gómez (55´). E con este resultado pecharíase o encontro.
CLASIFICACIÓN
Grazas a estes resultados, o S.D. Pino baixa á quinta posición, mentres que o C.F. Boimorto mantense na novena posición.
PRÓXIMA XORNADA:
A 10ª xornada da liga disputarase o vindeiro sábado 4 e domingo 5 de decembro, cos seguintes encontros:
Boimorto C.F. - S.D. Fisterra, no campo Municipal de O Carballal (Boimorto), sábado 04 ás 17:00 horas.
Atlético Arteixo - S.D. O Pino, no campo Municipal de Arteixo - Ponte dos Brozos (Arteixo), domingo 5 ás 12:00 horas.
Comments