top of page

A nova tarifa da luz que nos acabará pasando factura

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O cambio do coste do sistema eléctrico entra hoxe en vigor


Laura Moure/Xeral

A nova factura da luz, que entra en vigor hoxe, 1 de xuño, está deseñada da man pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ( CNMC) e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e incentivará un consumo máis eficiente por parte dos consumidores, buscando que o importe do recibo final dependa máis de cando que de canto se consome, co traslado dos consumos ás denominadas horas ‘valle’. Pero realmente, estamos dispostos ou mellor dito, seremos capaces de cambiar os nosos hábitos? Poñer a lavadora polas noites, intentar deixar cargados os nosos ordenadores antes de que chegue o día... pero... como as empresas e o resto de tarefas da casa, que non poden escoller hora, darán soportado esta subida de luz? Moitas familias sufrirán este cambio porque realmente é inasumible este ataque ao peto de todos, que nunca mellor dito, nos acabará pasando factura.


Con esta nova normativa os prezos das peaxes e cargos serán diferentes entre os períodos horarios, tanto de potencia como de enerxía. No caso da potencia de luns a venres nos días laborables, a ‘valle’ irá das 00:00 horas ás 07:00 horas, mentres que a ‘punta’ será de 08:00 horas ás 24.00 horas. No caso das fins de semana e festivos, o termo potencia será ‘valle’ todo o día.


No que se refire ao consumo, fíxanse tres tramos horarios: ‘punta’, ‘llano’ e ‘valle’. O período ‘punta’, no que o custo das peaxes e os cargos será máis alto, estará comprendido entre as 10:00 e as 14:00 horas e as 18:00 e 22:00 horas; o tramo ‘llano’, cun custo intermedio, situarase entre as 08:00 e as 10:00 horas, as 14:00 e as 18:00 horas e entre as 22:00 e 00:00 horas; e a tarifa ‘valle’, a máis barata das tres, situarase entre medianoite e as oito da mañá e aplicarase durante todas as horas das fins de semana e festivos.

Charla sobre as novas tarifas eléctricas en Agolada o pasado día 6.

Autor: A.R.M.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page