top of page

A nova proposta de Turismo 'The Escape Way', relacionada co Camiño, chega a Palas desde este venres

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

É un proxecto piloto e o municipio palense foi seleccionado para esta iniciativa xunto a outros cinco concellos de toda España


Laura Moure/Palas de Rei

Palas de Rei foi seleccionado como un dos seis municipios de todo o Camiño Francés, de toda España, que entra a formar parte do Proxecto piloto The Escape Way, nova proposta de turismo interactivo relacionada co Camiño de Santiago financiado polo Ministerio de Cultura e Deporte e impulsado dende a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago a que este concello pertence.


The Escape Way é unha experiencia turística dinámica que implica aos visitantes no seu recorrido polo municipio a través dun xogo (conocidos como xogos de escapismo). Este tipo de xogos, proveñen dos coñecidos como Escape Room, pero, neste caso, os usuarios non están encerrados en ningunha sala, senón que a acción é trasladada as rúas e lugares destacados do municipio. Os usuarios, deberán de recoñecer os municipios resolvendo probas, pistas e adiviñas aprendendo a súa vez, diferentes destinos e paraxes, así como do propio Camiño. Trátase dunha iniciativa novedosa, que dende o vindeiro venres, camiñantes, visitantes, turistas e veciños/as do municipio e dos da súa contorna, que así o desexen, podrán desfrutar en Palas de Rei como unha forma de acercar o Camiño Francés a Santiago dunha forma lúdica e interactiva.

Taboada durante a presentación.

The Escape Way xógase a través dunha aplicación do móbil dispoñible en IOS e Android, pero para a que é indispensable ubicarse fisicamente no municipio para poder xogar. “Na Oficina de Turismo do Concello de Palas de Rei obtense a credencial de escapista para logo descargar, no móbil, a app cos códigos QR que nela aparecen así como se introduce o código da localidade para comenzar a participar nas probas, unha vez, completadas as mesmas, na Oficina de Turimo sellarán cada proba resolta”, manifestou o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, no acto de presentación deste proxecto piloto en Galicia. Onde tamén adiantaba que os alumnos/as dos centros educativos palenses, que así o desexen, serán uns dos primeiros en coñecer esta experiencia en Palas de Rei.


Dende este venres The Escape way está dispoñible en Palas de Rei (única localidade galega ata o momento) pero durante este mes de maio activarase tamén en localidades de fóra de Galicia como: Los Arcos (Navarra), Arrés-Bailo (Aragón), Santo Domingo de la Calzada (La Rioja), Belorado (Burgos) e Astorga (León).


Elementos patrimoniais e urbanos servirán como premisas da maioria de pistas/adiviñas do xogo, pero dende a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago colocan tamén elementos físicos expresamente deseñados e pensados para estas probas.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page