top of page

A nova Corporación Municipal de Agolada toma posesión na que repite Luis Calvo como alcalde


PLENO DE INVESTIDURA. ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

 

Laura Moure/Agolada

O Salón de Plenos do Concello de Agolada encheuse este sábado para celebrar o pleno de investidura no que saíu elixido de novo alcalde o líder do PAYJ, Luis Calvo.

O novo equipo de goberno de Agolada tras a toma de posesión este sábado.

Cabe recordar que os resultados obtidos o 28M foron os seguintes:

  • PAYJ (6 concelleiros).

  • PP (4 edís).

  • BNG (1 concelleiro).

Desta maneira tomaron posesión este sábado Luis Calvo, Óscar Val, Margarita Varela, Marcos Galego, Pedro García e María Cruz González (PAYJ); María del Carmen Seijas, Fernando Blanco, Cristina García e Santiago Castro (PP) e Susana Tato (BNG). A gran novidade con respecto a 2019 é a entrada do partido nacionalista no goberno agoladés.

Declaracións nas redes

"Afronto esta nova etapa con moita ilusión e ganas de facelo o mellor posible en beneficio de todos os veciños acompañada do mellor equipo. Mención especial ós casi 700 veciños e veciñas que nos votaron e nos deron a posibilidade de poder representalos neste novo mandato. Tentaremos estar á altura e traballar para tod@s dende unha oposición construtiva. Gracias!!!", sinalou a líder popular, Mari Carmen Seijas.

Os concelleiros populares que tomaron posesión este sábado.

"Onte prometín o meu cargo como concelleira do BNG na Agolada, comezando así unha andaina de catro anos, nos que tanto eu como o meu equipo de BNG Agolada traballaremos por os dereitos e intereses de toda a veciñanza. Son consciente que os veciños situáronos na oposición con unha soa concelleira, aproveito para darlles as grazas a todos e todas os que confiaron en nós, síntome moi orgullosa de entrar a formar parte da Corporación Local e prometo non defraudar a ninguén traballando arreo dende o primeiro día ata o último. Os responsables das decisións de goberno son outros!! pero eu sempre vou apostar polo diálogo e tendo a man o resto de forzas políticas da corporación, apoiándoos sempre en todas aquelas iniciativas beneficiosas para o noso Concello.

Pero tamén fiscalizarei o traballo de quen está na alcaldía esixindo transparencia, equidade e xustiza. Arrancamos!! Con Forza, Ganas e sobre todo moita Ilusión!!!", apuntou onte a edil nacionalista, Susana Tato.

Susana Tato.

NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page