A nova cónsul de Cuba en Galicia, Ingrid Izquierdo, visita o Concello de Agolada
Ecos da Comarca/Agolada

O alcalde de Agolada, Luis Calvo, e o concelleiro de Obras, Pedro García, recibiron este mércores no Consistorio á nova cónsul de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria, Ingrid Izquierdo, que asistiu acompañada do vicecónsul.
"Tratamos temas importantes que proximamente daremos a coñecer. Dende o Concello de Agolada agradecemos esta visita oficial que esperamos recibir máis veces", sinala o rexedor.