Ecos da Comarca/Vila de Cruces
A Nova Alternativa de Vila de Cruces envía un comunicado sobre a redefinición dos usos do centro de interpretación do galo de curral.
Comunicado íntegro
"As expectativas coas que foi proxectado o edificio construído nos terreos públicos adquiridos para o polígono dos “Aguillós”, en Cumeiro, concibido para dedicar a “Centro de Interpretación do Galo e matadoiro de de dita ave”, non se cumpriron, sendo actualmente unha edificación abandonada e sen utilidade.
Tendo en conta o principio de transparencia e claridade que queremos ofrecer aos nosos veciños, non podemos nin queremos obviar que o noso candidato, Manuel Souto, formaba parte do grupo de goberno que acometeu o proxecto e construción da instalación, e debe recoñecer e recoñece o erro cometido ao corresponsabilizarse na execución dun proxecto que non fructificou pero igualmente consideramos que así como daquela foi partícipe do erro, debe ser agora partícipe da súa subsanación.
E por elo que, dende o gupo de NOVA ALTERNATIVA queremos propoñer que no próximo mandato se acometa definitivamente a redefinición de usos, posta en valor, e aproveitamento da edificación e instalacións construídas para Centro de Interpretación do Galo, no paraxe “Aguillós” sito no empalme de Carbia (Cumeiro), e tamén consideramos que, en pro de non convertelo nunha nova controversia, a decisión sobre a definición do seu adecuado uso debe ser tomada en consenso entre os distintos grupos que conformen a nova corporación municipal, a partir das distintas propostas que cada un poida aportar, coa concorrencia de opinión dos distintos actores socioeconómicos do municipio.

Non obstante imos ser propositivos, e pola nosa parte plantexamos dúas iniciativas que poderían ser consideradas por separado o incluso conxuntamente:
A).- Adaptar parcela e instalacións para Parque maquinaria municipal, almacenamento de acopios de materiais de obras públicas e traslado de aquelas instalacións do servizo de vías e obras que non teñan que toparse necesariamente no interior do casco urbano (como poderían ser os servizos de limpeza viaria). Desta maneira centralizaríase o servizo evitando a dispersión das súas instalacións (campo da feira, solares lindantes, almacén fronte centro médico), e racionalizando o seu funcionamento.
B).- Escola municipal de prácticas agrogandeiras de carácter doméstico, e granxa escola para cría do galo de curral.
- A escola municipal de prácticas agrogandeiras de carácter doméstico iría encamiñada a formación, non regulada, orientada fundamentalmente a aqueles que, sen ser profesionais do sector agrogandeiro, pretendan adquirir coñecementos para prácticas de autoconsumo (cultivo de horta, poda, cría e tenencia de animais domésticos e esixencias normativas ao respecto, etc).
- A granxa escola para a cría e investigación sobre o galo de curral estaría orientada a formación de aqueles pequenos produtores, profanos na materia, que queiran iniciarse na cría do galo como complemento a economía familiar. Ao mesmo tempo serviría como centro de estudo e investigación sobre técnicas de manexo, produción e alimentación, así como de índole sanitario, cuxos resultados poidan ser trasladados aos criadores para que poidan mellorar os seus rendementos.
Entendemos que esta sería unha boa oportunidade par abordar esta proposta xa que
estamos nun intre no cal existen fondos europeos destinados a posta en marcha de proxectos que pretender poñer en valor este tipo de iniciativas onde se potencien a produción de produtos agrarios de calidade comercializados a través dos mercados de
proximidade, tal e como se recolle na estratexia europea “da granxa a mesa”, e así mesmo existen fondos Next Generation enfocados a recuperación de edificios públicos en desuso, co cal esta o momento é idóneo para tentar de captar a financiación precisa para acelerar unha proposta que sen eses fondos sendo igualmente viable a válida debería ser asumida a través de diferentes fases de implementación.
En definitiva e como xa mencionamos neste mesmo comunicado, a nosa formación está aberta análise de calquera outro uso que sexa proposto dende outra formación ou dende a propia sociedade cruceña, co fin de dar cabida a un uso axeitado que non deixe no abandono o que no seu día foi un importante investimento público".
Comments