top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Nova Alternativa de Vila de Cruces propón crear un axente de comercio local

A súa función será a de actuar como punto de información e coordinación das diferentes actuacións de dinamizacións da activiade comercial


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A Agrupación de electores Nova Alternativa de Vila de Cruces, presentou nun día de feira, unha das súas principais novidades no que atinxe ao programa de dinamización do comercio Local. A mesma trátase da creación dunha figura que serva como referencia inmediata dos establecementos no eido da información e formación en materias tales como a solicitude de axudas públicas ou a coordinación de campañas periódicas de apoio ao comercio como o día de Nadal, o día do pai, etc…

"Os cruceños cren que a existencia deste axente dará aos diferentes estabelecementos capacidade para poder optar a ter axudas públicas en cuestións tales como a modernización das súas instalacións, a dixitalización do seu negocio ou mesmo a adaptabilidade do negocio a fórmulas de comercio online". Así mesmo ven clave esta figura á hora de promover un proceso participativo entre os diferentes negocios para poder recoller dúbidas e suxerencias, de crear un estudo previo de diagnose que permita plantexar un programa realista e acertado de apoio ao comercio que contemple melloras infraestruturas, adecuacións dos espazos comúns do casco, cuestións de índole organizativa e mesmo a orientación idónea das campañas periódicas de apoio ao logo do ano.

A creación de zonas de aparcamento nas proximidades do casco urbano, a promoción e difusión das diferentes actividades comerciais, a dinamización na rúa e un servizo de

transporte gratuíto que recorra o rural nos días de feira, son outras das propostas que a agrupación ten para dar un novo pulo ao comercio local.


Política de pactos

Noutra orden de cousas, a agrupación cruceña aclara a súa intención no referente a política de pactos post electorais, unha vez existe entre a poboación rumoroloxía ao respecto, que indica cal sería a súa intención unha vez rematadas as eleccións do 28 M.

Os membros de Nova Alternativa deixan meridianamente claro que “non demos este paso a presentarnos como opción ante os nosos veciños para ser muleta de ninguén. O noso único acordo é coa propia xente de Vila de Cruces, a quen lles prometemos que chegado o caso defenderemos que se leve adiante o noso programa, e que solo iso rexera posibles acordos con outras formacións sen ter en conta cuestións relativas ao repartos de cargos, ou criterios de conexión personal”.


Ademais os cruceños indican que “nacimos para quedarnos e polo tanto, a nosa intención é optar a confianza maioritaria dos nosos veciños para poder mudar as cousas no concello no cal vivimos”.





0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page