Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Nova Alternativa emite un comunicado sobre a posición que adoptará mañá, sábado, na toma de posesión da Alcaldía de Vila de Cruces.
Comunicado íntegro
As pasadas eleccións municipais do 28 de maio trouxeron a Vila de Cruces un mapa político que se resume da seguinte maneira: 1.425 votos que corresponden a seis concelleiros atribuídos ao partido máis votado (Xuntos) e 1.814 votos (sen contar os
128 do PSOE que neste caso non obtivo representación e cos que se sumarían 1.942)
que corresponden a sete concelleiros repartidos entre os outros tres partidos que
obtiveron representación (PP, BNG e Nova alternativa), situación simétrica respecto ao
ocorrido nas municipais de 2019, se ben con distintos actores: 1.461 votos correspondentes a seis concelleiros atribuídos ao partido máis votado (PP) e 2.010
votos que corresponden a sete concelleiros repartidos entre os outros tres partidos que
obtiveran representación (Xuntos, BNG e PSOE).

No 2019, as tres forzas políticas que individualmente tiñan menos votos, pero en conxunto sumaban claramente a maioría, independentemente de que programaticamente non se lles coñecían moitas afinidades, acordaron unirse para investir alcalde ao cabeza de lista de Xuntos, único dos tres concorrentes sen afinidade política declarada, que non e o mesmo que coñecida. O nexo común no que supostamente se sustentou a decisión foi a coincidencia en que non debía gobernar o partido daquela máis votado por non estar de acordo con el.
Ocorre agora, en 2023, que a situación mudou no orde dos actores, pero non no fondo das motivacións. Así, quen daquela formou parte do tripartito que acordou que non gobernara a opción máis votada, atópase agora na mesma situación que daquela estaba o contrincante a quen desbancou, e os outros tres partidos que agora sumarían a maioría suficiente para que o primeiro non goberne, dáse a circunstancia de que teñen manifestado, de maneira máis ou menos contundente, o seu desacordo coa acción de goberno, e polo tanto, a súa intención de non apoiar a súa continuidade.
Así as cousas, a nosa formación, única das tres que no momento actual non concorre
con afinidade política declarada a nova corporación (igual que ocorreu en 2019), sendo coñecedor da dificultade que supón o apoio directo entre as outras dúas formacións, propón recadar o seu apoio para encabezar un tripartito, formando un equipo de goberno que aglutine o resto das sensibilidades, e sexa quen de levar acabo un programa de goberno rigoroso, sostible, realizable e útil para o noso concello. A proposta así formulada, non conta, a día de hoxe, co apoio necesario de forma expresa.
Por outra parte, Nova alternativa non considera apoiar un goberno de Xuntos, ao non estar de acordo, en esencia, coa súa acción de goberno (non se considera a opción de ser un simple instrumento remunerado ao servizo dunha acción de goberno non compartida).
Así as cousas, Nova Alternativa votará ao seu propio candidato na toma de posesión do próximo sábado, polo que resultará un goberno en minoría de Xuntos, de non darse o caso que algunha das outras formacións lle de o seu apoio e alcancen a maioría, ou
que sexa considerada como positiva a proposta aquí efectuada e se de paso a un
goberno alternativo.
Dito isto tamén dicimos que, unha vez decidido quen é investido como alcalde, o que sexa debe poder gobernar, aínda que sexa en minoría, e a responsabilidade de que así sexa non será solo súa, senón tamén de quen facilite a súa investidura.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Resultados das eleccións en Vila de Cruces: https://www.ecosdacomarca.com/post/xuntos-polo-noso-concello-ga%C3%B1a-sen-maior%C3%ADa-absoluta-as-elecci%C3%B3ns-en-vila-de-cruces
Candidaturas presentadas en Vila de Cruces ás pasadas eleccións: https://www.ecosdacomarca.com/post/cinco-candidaturas-buscan-facerse-coa-alcald%C3%ADa-de-vila-de-cruces
Comments