top of page
Foto del escritorLaura Moure / IsmaelRS

A neve provoca incidencias na circulación de certas estradas das comarcas

Laura Moure/IsmaelRS/Xeral

Este mércores as comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa si que amenceron en practicamente todos os concellos con neve. Dende o martes os 17 municipios estaban en alerta amarela por nevaradas. As folerpas empezaron a caer xa na noite do martes, día no que só os cumes se cubriron dun manto branco. Volvendo a hoxe, foron distintas as incidencias que se produciron ao longo da xornada. A neve produce estampas fermosas e é unha gran diversión para os máis pequenos da casa, sen embargo, convértese nunha gran inimiga para a circulación.

Como puidestes ver no vídeo ECOS DA COMARCA percorreu este mércores distintos concellos en busca de neve. Destaca o manto branco que atopamos no casco urbano de Agolada; na estrada N-640 xusto no límite dos concellos de Agolada e Antas de Ulla, onde hai unha altitude de 649 metros e nos montes do Bocelo, que están situados entre Boimorto, Toques e Sobrado dos Monxes.


Vehículos atrapados

Vehículos atrapados por mor da neve que non podían continuar a marcha e rúas intransitables foron as incidencias que máis se repetiron, tal e como informa o 112 Galicia. Ademais dos desprendementos que un deles, de terra e pedras, provocou o descarrilamento dun tren ao seu paso polo municipio de Silleda. https://www.ecosdacomarca.com/post/un-tren-descarrila-%C3%A1-altura-de-silleda-a-causa-dun-desprendemento-de-terra-e-pedras


A circulación foi complicada en distintos viais das comarcas. Por exemplo, ao mediodía, o 112 Galicia, informou que na DP-4604 á altura de Toques, os vehículos pesados non podían circular.


Tamén era un perigo transitar pola DP-4601, que levan ao monte Bocelo. De feito, sobre as tres da tarde unha furgoneta saiuse da vía e acabou media envorcada na cuneta. Foi necesario un tractor e unha grúa para poder retirala e as tarefas foron complicadas dada a capa de neve que había no lugar.


Transporte escolar

Tamén nalgúns colexios da zona non houbo transporte escolar como en Agolada, Dozón e Rodeiro.

Paso á choiva

Segundo Meteogalicia, mañá, xoves, Galicia verase afectada por unha nova nova fronte que chegará na segunda metade da xornada. Así, predominarán as nubes baixas con chuvias que serán máis persistentes a partir do mediodía. A cota de neve estará situada entre os 800 e 1.000 metros. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas experimentarán ascenso entre moderado e notable. O vento soprará de compoñente oeste moderado en terra pero con intervalos fortes na franxa costeira.


NOTICIAS RELACIONADAS:




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page