top of page

A nacionalista Ana Pontón visitará mañá a aldea de Arinteiro, en Touro, polo tema da mina

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A visita responde a unha invitación da Plataforma veciñal mina Touro-O Pino Non para que se coñeza in situ onde se pretende reabrir a mina de cobre


Ecos da Comarca/Touro

Veciños e representantes da Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non recibirán, mañá, venres 14, ás 11:30 horas, á unha delegación parlamentaria do BNG, encabezada por Ana Pontón, na aldea de Arinteiro para coñecer directamente o lugar onde se pretende reabrir a

mina de cobre.

Foto

Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Precisamente, a escasos 200 metros das casas de Arinteiro preténdese construír unha balsa de residuos tóxicos e contaminantes, cun muro de 80 metros de alto por tres quilómetros de lonxitude. Unha ameaza que faría imposible a vida, a seguridade, e as actividades agrícolas e gandeiras, non só de Arinteiro senón de toda a comarca", subliña a plataforma. "Ante a aparente complicidade da Xunta de Galicia, que declarou o proxecto de interese estratéxico o cal facilita a tramitación á empresa promotora, medra a preocupación e a ansiedade e mesmo a angustia da veciñanza", engade.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A plataforma veciñal aproveitará a visita para solicitar do BNG que os seus deputados en Europa presenten, ante a Comisión correspondente do Parlamento Europeo, unha petición demandando o rexeitamento do proxecto de reapertura da mina, con especial mención a esa enorme balsa de lodos á beira das casas, toda vez que, o citado proxecto, "incumpre flagrantemente as directrices da UE destinadas a protexer a vida e a saúde das persoas e o medio ambiente".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page