top of page

A mostra 'Trasdeza pinta O Camiño' trasládase a Carboeiro, onde estará ata o 25 de xullo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A exposición, con seis obras pintadas ao vivo, por autores e autoras silledenses, rematará o seu periplo na sala de mostras do mosteiro silledense


Laura Moure/Silleda

A mostra pictórica xurdida co proxecto Trasdeza pinta o Camiño, patrocinado por O Teu Xacobeo, xa está no mosteiro de Carboeiro, na zona de exposición correspondente ás antigas cociñas do cenobio. A exposición estrenouse o pasado 17 de abril no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, e pasando despois dende mediados de maio á Casa da Cultura de Silleda, onde estivo ata a xornada deste luns. A mostra conta con seis obras que recollen os enclaves culturais e naturais da Vía da Prata e do Camiño de Inverno que foron seleccionados polos/as escolares dos centros educativos silledenses, e que artistas silledenses comezaron durante unha xornada de pintura en vivo.


Os/as artistas participantes na mostra son Vanessa Barcala, David Bibián, Amalia López, Juan Liñares, Marisa Miguélez e Adrián Penido, que recollen baixo diferentes técnicas e estilos o entorno do Camiño. A ponte de Taboada, o pazo de Trasfontao, o núcleo de O Foxo de Deza, o Candán visto dende San Fiz, a capela de San Brais e a igrexa de San Martiño de Dornelas están reflexados nesta mostra que pode visitarse en Carboeiro todos os días da semana no horario de apertura deste monumento (de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas).

A exposición rematará o seu periplo o vindeiro domingo 25 de xullo, o Día de Galicia, coincidindo ademais cunha xornada de entrada gratuíta no mosteiro silledense.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page