top of page

A mostra de teatro 5X5 abre a programación cultural de marzo en Silleda

O proxecto no que participan varios veciños do municipio remata ca estrea das cinco obras teatrais noutros tantos Concellos polos que discorre o Camiño, entre eles Lalín


Laura Moure/Silleda

O teatro será protagonista da programación cultural de Silleda no vindeiro mes de marzo, cunha serie de actividades e propostas que se dará a coñecer nos vindeiros días. Para abrir a programación, na primeira fin de semana terá lugar a estrea da I Mostra Itinerante de teatro 5X5, un proxecto no que participan cinco concellos galegos polos que discorre o Camiño a Compostela. Así, ademais de Silleda, están involucrados os municipios de Allariz, Lalín, Vedra e Mazaricos, -onde arranca este sábado a mostra- con senllas s aulas de teatro interxeracionais que amosarán o traballo realizado nos últimos 5 meses cas súas montaxes teatrais.

O grupo de Silleda, baixo a dirección da dramaturga, actriz e poeta Clara Gayo, presentará a obra Enredos xa este sábado 25 en Mazaricos. Despois deste debú, amosarán o traballo como grupo anfitrión no auditorio municipal Manuel Dopazo, na Bandeira, onde xa están a ensaiar nas últimas semanas, na que será a fin de semana co municipio trasdezá como protagonista.


Así, o venres día 3 de marzo, a aula silledense –na que participan ademais tres persoas con diversidade funcional-, abrirá ás 20:30 o calendario de funcións no auditorio, que continuará o sábado día 4 de marzo con O roce fai rozaduras, da aula de teatro de Allariz, e o domingo 5, ás 19:00 horas coa representación da aula de Lalín, ca proposta Casa rural con encanto”, dirixidas ámbalas dúas por Iria Azevedo.

Dende o Concello de Silleda, que colabora ao igual que as entidades locais participantes con este proxecto, anímase ao público a asistir a estas representacións abertas nas que o teatro se presenta como a ferramenta idónea para a interacción entre a veciñanza de diferentes xeracións.


A iniciativa

O 5x5 é o proxecto de presentación de Fósforo Arte & Cultura co apoio da Agadic os Concellos participantes e financiado pola Unión Europea con Fondos Next Generation do Plan de Recuperación Transformación e Resilencia do Goberno de España, a través do Programa Territorio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page